Este domingo 26 de maio terá lugar a Romaría do Pico Sacro na honra a San Sebastián, onde a Comisión de Festas da Granxa ten preparado un amplo programa de actividades. Na parte relixiosa, haberá misas ás 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas. Na parte festiva, haberá polbo, churrasco e doces, amenizados coas actuacións musicais de Raeira e Luz do Ilicino.
Ademais, o Concello de Boqueixón colaborará organizando o roteiro “Relixión e simbolismo polo Pico Sacro”, que sairá ás 12:30 horas do aparcadoiro do monte sacro. A participación é de balde, se ben é imprescindible anotarse en boqueixonturismo@gmail.com ou no 981 513 061.