Xa está dispoñible a información do boletín Xanela do mes de maio de 2024.
Nel atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón, como a gran noticia da obtención do título de Festa de Interese Turístico Nacional a Festa da Filloa de Lestedo, a solicitude do alcalde Ovidio Rodeiro dunha rotonda na N-525 ao delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco, a creación dun servizo gratuíto de canguraxe no propio domicilio familiar, etc.
A Xanela deste tamén se fai eco dos logros deportivos do ACUD Camporrapado, o Club Squadra Boqueixón, o equipo de Boqueixón de fútbol gaélico e dos participantes locais no Subcampionato e Campionato de Judo Nacional.
Ademais de incluír propostas de ocio como a edición número 50 das Carrozas do San Cidre ou a Romería ao Pico Sacro entre outras.
Consulta todas as actividades e noticias da Xanela de maio no arquivo anexo ou premendo aquí.
Adxuntos
- XanelaMaio24 (781 kB)