O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto, convoca o X Certame de Relatos Xosé Neira Vilas para potenciar a lectura e a promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación. O certame está aberto escolares matriculados nun centro educativo do concello. Os traballos deberán entregarse na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto antes do 22 de abril.
O concurso inclúe tres categorías: 3º e 4º de Primaria (mínimo 30 liñas), 5º e 6º de Primaria (mínimo 40 liñas) e Secundaria (mínimo 50 liñas). Cada participante poderá presentar un único relato, de temática libre, propio e inédito, escritos a ordenador. O texto deberá entregarse en galego, podendo incluír ilustracións.
Para garantir o anonimato, o relato irá identificado coa categoría á que opta e cun pseudónimo. A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado e que estará grampado ao texto.
Por cada categoría establécense tres premios de 125, 100 e 75 euros en vales en libros e material escolar, así como diploma e edición recompilatora. A entrega dos premios terá lugar nun acto co gallo do Día das Letras Galegas. Consulta as bases neste enlace.
Adxuntos
- Diptico Neira Vilas (877 kB)