O Concello de Boqueixón informa á veciñanza de que mañá venres 15 de marzo, a partir das 10:00 horas, está programado un simulacro de accidente de avión na contorna do aeroporto de Santiago. Para ver a organización e valorar a capacidade de resposta das forzas e corpos de seguridade, sanitarios, Protección Civil… durante a mañá simularase un accidente nas manobras de despegue dun avión do aeroporto compostelán.
O terreo sobre o que supostamente impactaría o avión está emprazado en Boqueixón, polo que as persoas que se acheguen pola zona poden atoparse co dispositivo montado para dar resposta ao suposto sinistro, o que pode traducirse en retencións de tráfico, cortes temporais de estradas, etc. A mellor recomendación para evitar molestias é evitar no posible achegarse ao lugar e, ante o rebumbio que se poida montar, ter a tranquilidade de que tan só é un simulacro, non un accidente real.