O Concello de Boqueixón informa de que mañá xoves 14 de marzo abrirase o prazo de presentación de solicitudes para facer os exames dos distintos niveis de CELGA (1, 2, 3 e 4). Unhas probas que terán lugar en maio/xuño de 2024 nas cidades de Santiago de Compostela e Ponferrada (as sedes e os horarios publicaranse no Portal da Lingua Galega).
O prazo de anotación é de 15 días hábiltes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no DOG, é dicir, do 14 de marzo ao 5 de abril de 2024. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente antes do 5 de abril.