Preto dun cento persoas participaron este domingo na segunda edición da andaina “No camiño da igualdade”, organizada polos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra para conmemorar o Día da Muller. O percorrido comezou no campo da festa de Ponte Ulla e rematou na Susana. Catorce quilómetros seguindo a ruta Xacobea e aproveitando que o tempo deu un respiro.
Todas as persoas participantes recibiron unha camiseta conmemorativa de agasallo, así como un bocadillo para repoñer forzas antes de coller o autobús de volta a Ponte Ulla. A iniciativa foi organizada polos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra, a través do CIM e con cargo ao Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Esta andaina reivindica o papel da muller e, sobre todo, o compromiso dos tres concellos en poñer en valor a sensibilización en Igualdade, de reinvidicar que mulleres e homes deben apoiar a eliminación de prexuízos, loitar contra a violencia de xénero e fomentar que a muller sega a acadar maiores postos de responsabilidade e de recoñecemento.