O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de inscrición na “Semana Activa”, un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar durante os días non lectivos da Semana Santa. As actividades terán lugar nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición, ben a través da sede electrónica ben presencialmente no Rexistro Municipal, entregando a ficha de inscrición adxunta cumplimentada e achegando a documentación que nela se indica. A ficha pódese descargar no arquivo anexo ou premendo aquí.
A Semana Activa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos de idade. Terá lugar os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo é de 20 euros por toda a actividade, habendo tamén a posibilidade de anotarse en días soltos por 5 euros.
Máis información sobre esta actividade de conciliación, organizada polo Concello de Boqueixón con cargo ao Plan Corresponsables, no teléfono 981 513 115 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FICHA (210 kB)