O Concello de Boqueixón informa dunha formación gratuíta online para obter o Certificado de Profesionalidade en Marketing e Compravenda Internacional. Trátase dun curso subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e dirixido a persoas desempregadas no que aínda quedan unhas últimas prazas.
A formación ten unha duración de 750 horas, 710 teóricas e 40 horas de prácticas en empresas. O curso impártese baixo a modalidade de teleformación, con exame final presencial e obrigatoiro en Ourense e/ou Boiro (A Coruña).
Ao tratarse dun Certificado de nivel 3, para acceder é preciso ter Bacharelato ou equivalente, así como un nivel de inglés preto do B1. Unha vez finalizados os estudos, o alumnado estará capacitado para desenvolver os seguintes traballos:
- Técnico/a en comercio exterior.
- Axente comercial internacional.
- Técnico/a de marketing internacional.
- Técnico/a de venda internacional.
- Asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais.
Máis información e inscricións: https://bit.ly/MKT_G23