O Concello de Boqueixón informa da reserva de 9 prazas de aparcamento para facilitar o acceso dos votantes que se acheguen ao colexio electoral situado na escola unitaria de Lestedo. Unha medida tomada ao coincidiren este domingo 18 de febreiro as eleccións ao Parlamento de Galicia coa XLI Festa da Filloa de Lestedo.
O tempo de estancia máximo para cada vehículo será de 5 minutos, coa finalidade de que todas as persoas que o desexen poidan exercer o seu dereito ao voto. No caso de persoas con mobilidade reducida, o tempo incrementarase unha vez posta esta circunstancia en coñecemento dos membros da mesa electoral.
Adxuntos
- Bando aparcamento mesa electoral (89 kB)