O Concello de Boqueixón atendeu a solicitude da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e convocou unha concentración silenciosa diante da casa consistorial como mostra de apoio e solidariedade coas familias dos gardas civís falecidos o pasado 9 de febreiro en Barbate, cando participaban nunha operación de loita contra o narcotráfico.
Unha concentración presidida polo alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, e na que participaron veciños e veciñas de Boqueixón, representantes políticos e traballadores municipais, así como representantes do posto da Garda Civil de Lestedo.
Este minuto de silencio serviu tamén de recoñecemento ao gran labor que realizan as persoas que integran os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.