Por Resolución do 20 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Igualdade, regúlanse as bases para a concesión no ano 2024, das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. SI434B.
Persoas beneficiarias
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero.
- Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- a) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia e de traballo.
- b) Non convivir co agresor.
- c) Ter especiais dificultades para obter un Emprego.
- d) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
- e) Non ter percibido esta mesma axuda con anterioridade.
Importe
Sendo obxecto da axuda, proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, o importe xeral desta axuda será o equivalente a seis meses do subsidio por desemprego vixente, e que pode chegar a ser o equivalente a doce, dezaoito ou vinte e catro meses do subsidio por desemprego vixente en función das rendas e ingresos, das responsabilidades familiares, ou do grao de discapacidade da solicitante e/ou familiares ou menores acollidos/as a cargo.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2024.
Máis información no teléfono 981 513061, CIM de Boqueixón, correo electrónico cim@boqueixon.com ou ben no teléfono 981 545373, enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.gal.