O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica a convocatoria das axudas Aprol Economía Social. Unha iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que inclúe apoios ao emprego en cooperativas e sociedades laborais. A convocatoria conta cun orzamento de 5 millóns de euros e estará aberta ata o 16 de setembro.
O programa conta con dúas liñas de axudas compatibles entre si:
- unha primeira liña con axudas directas a cooperativas e sociedades laborais para que incorporen, sobre todo, persoas desempregadas
- unha segunda liña para beneficiar a quen entre como socia ou traballadora indefinida a unha destas entidades ou ben inicie a súa actividade por conta propia.
A contía básica da axuda en cada unha das liñas ascende a 6.000 euros, con incrementos acumulables do 25% se se trata de mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou que as entidades se ubiquen en contornas rurais ou sexan cooperativas xuvenís.