O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do Entroido Activo, un programa lúdico-educativo para facilitar a conciliación nos días non lectivos (12, 13 e 14 de febreiro). Terá lugar nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto en horario de mañá (de 09.00/10.00 horas a 13.30 /14.00 horas). Dirixido a alumnado de 3 a 16 anos empadroado en Boqueixón ou matriculado nun centro educativo do municipio, a participación é totalmente gratuíta. Descarga a folla de inscrición premendo aquí.
As persoas interesadas en participar deberán remitir a ficha de solicitude cuberta a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou de forma presencial, a través do Rexistro Municipal. As inscricións abriranse o xoves 1 de febreiro.
Adxuntos
- Ficha entroido 2024 (178 kB)