O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte de persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
As axudas poden solicitarse desde mañá mércores 23 de xaneiro ata o 30 de setembro (ou ata esgotarse o crédito de 800.000 euros disposto pola Xunta de Galicia).
Estas axudas van dirixidas á mocidade, de entre 18 e 30 anos, que non estean traballando e que sacasen o carné no 2023 ou vaian facelo ao longo deste ano.
Requisitos:
- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
- Estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Non estar traballando por conta propia nin allea.
- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
O importe da axuda será:
- 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
- 650 € para o permiso de clase C
- 1.300 € para o permiso de clase D.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación que debe presentarse coa solicitude:
- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.