O Concello de Boqueixón informa sobre distintas cuestións relacionadas coa sanidade pública e de interese para a veciñanza: uso de máscara, campaña de vacinación e citas no centro de saúde.
- O uso da máscara é obrigatorio nos centros sanitarios asistenciais, é dicir, nos hospitais e nos centros de saúde. Non é obrigatorio, pero si aconsellable, o seu uso nas residencias.
- A campaña de vacinación fronte á gripe e a Covid-19 amplíase ata o vindeiro 26 de xaneiro. Os veciños e veciñas que so queiran vacinarse contra a gripe (e non da Covid) poden acudir ao centro de saúde do Forte, previa solicitude de cita. Para vacinarse da Covid e da gripe, os veciños e veciñas poden facer uso do sistema de autocita a través da aplicación Sergas Móbil para seren vacinados no hospital de referencia. No noso caso: o Hospital Clínico de Santiago os luns, mércores e venres (de 11:30 a 18:30 horas) e os sábados, de 9:00 a 14:30 horas.
- Citas a través da APP “Sergas Móbil”. Se non hai citas dispoñibles a través da aplicación “Sergas Móbil” na data que mellor che cadra, debes contactar por teléfono co centro de saúde para que vos informe dos ocos que poida haber: 981 51 50 10 ou 981 952 950. No caso de que non che collan a chamada nese momento, non te preocupes: o persoal do centro de saúde devolverache a chamada no menor tempo posible. Isto é así porque desde o “Sergas Móbil” só podes acceder a unha pequena porcentaxe das citas dispoñibles cada día, polo que é posible que haxa ocos libres na data que che interesa e non teñas que agardar.