O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia abre hoxe, luns 15 de xaneiro, o prazo para presentar as solicitudes para as axudas para o pago do alugueiro. Máis información: bases da convocatoria.
A convocatoria, que está dotada cun total de 20 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, establece que as axudas que poden acadar o 60% do importe do alugueiro no caso de:
- menores de 36 anos
- familias numerosas e monoparentais
- emigrantes retornados a Galicia recentemente e cunha estadía mínima de 2 anos fóra de España
- persoas inscritas desde hai máis dun ano no Rexistro único de demandantes de vivenda protexida
No resto dos casos a axuda será 50, 40 ou 30% do custe do alugueiro, en función dos ingresos dos beneficiarios, garantir un funcionamento máis xusto e distributivo do programa.
Neste sentido, os ingresos da unidade de convivencia non poderán superar 3 veces o Iprem (25.200 €/ano). Canto máis baixos sexan os ingresos, maior será a porcentaxe da renda subvencionada. O tope elevarase ata 4 ou 5 veces o Iprem no caso de familias numerosas ou que teñan algún membro cunha discapacidade.
- no caso das 7 cidades, a renda máxima é de 600 €
- na zona 1, que agrupa as vilas e os municipios de carácter urbano, o límite será de 550 €
- e no resto de Galicia (Boqueixón incluído) non superará os 425€.