O Concello de Boqueixón informa de dous cursos formativos que darán comezo as próximas semanas nos municipios de Vedra e Teo. O primeiro deles é o Curso de Transporte e Comedor Escolar, de 60 horas de duración e impartido por Anacos Proxectos Socioeducativos no centro de emprendemento A Estación (Vedra). O curso dará comezo o 22 de xaneiro e impartirase de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
O seu prezo é de 150 euros. Máis información e inscricións no teléfono 667 905 330 ou en aestacion@concellodevedra.gal.
O segundo curso, Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, terá unha duración de 448 horas, que serán impartidas entre o 1 de febreiro e o 7 de xuño de 2024 no Centro de Formación Fuego y Mar en Montouto (Teo).
Trátase dun curso gratuíto e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Máis información e inscricións: 638 017 639 / 881 083 914 ou formacion@fuegoymar.com.