O Concello de Boqueixón abre mañá xoves 30 de novembro o prazo de inscrición nunha nova edición do Nadal Activo, un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de Nadal. As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. O Concello oferta un máximo de 25 prazas.
- Datas: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
- Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
- Dirixido a: alumnado de 3 a 16 anos empadroado no Concello de Boqueixón e alumnado matriculado nun centro educativo do municipio.
- Prezo: 50 euros /programa completo e 8 euros/días soltos. Consultar táboa de bonificacións que ofrece o Concello.
- Inscricións: As inscricións realizaranse do 30 de novembro ao 10 de decembro enviando a ficha de solicitude e demais documentación obrigatoria a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferentemente) ou ben no Rexistro Xeral do concello.
- Confirmación de prazas:
- Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e a listaxe de agarda no seu caso.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días naturais para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase posteriormente ao remate do prazo de alegacións.
- Documentación a achegar xunto á ficha de inscrición:
1. Declaración da renda do 2022 ou xustificante de non ter que presentala.
2. DNI e documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental ou familia vítima de violencia de xénero (de ser o caso). - Exencións: casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (600 €/mes) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais / Centro de Información á Muller.
- Bonificacións:
-
- Unidades familiares e familias numerosas que non superen en 2 veces o IPREM . 75%
- Unidades familiares e familias numerosas que non superen en 3,5 veces o IPREM. 50%
- 2º membro da unidade familiar matriculado no mesmo período de tempo. 25%
- 3º e sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo. 50%
-
Máis información nos teléfonos 981 513 115 e 981 513 106 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com
Adxuntos
- Ficha solicitude nadal activo (162 kB)