O Concello de Boqueixón informa de que a axencia de colocación GDoce busca alumnado para unha acción formativa FCOV32 sobre “Competencias clave nivel 2 con galego”, de 283 horas de duración e que terá lugar no Polígono do Tambre (Santiago de Compostela). Trátase dun curso dirixido prioritariamente a persoas desempregadas inscritas como demandantes de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Os cursos son de balde e non hai requisitos de acceso. Incluso é posible optar a uha bolsa de axuda. As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes antes do 22 de decembro deste ano no mail: belen.souto@gdoce.es ou chamando ao 669 925 419.