O Concello de Boqueixón informa de que a axencia de colocación GDoce busca alumnado para unha acción formativa SSCS018 sobre “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio”, de 618 horas de duración e que terá lugar no Polígono do Tambre (Santiago de Compostela). Trátase dun curso dirixido tanto a persoas desempregadas inscritas como demandantes de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia como a persoas ocupadas.
O curso é totalmente de balde e non hai requisitos de acceso. Incluso é posible optar a uha bolsa de axuda. As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes antes do 22 de decembro deste ano no mail: belen.souto@gdoce.es ou chamando ao 669 925 419.