O Concello de Boqueixón mantén o seu compromiso de adhesión á campaña DE FRONTE, impulsada desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e que este ano pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.
Durante este mes están previstas as seguintes accións:
- Realización de 14 obradoiros nos que se abordarán conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno dos que sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que iremos colgando na web.
- Acto institucional na mañá do venres 24 de novembro no Pazo Provincial da Coruña coa intervención do dúo Caamaño e Ameixeiras.
- Creación de pílulas dixitais a pé de rúa con testemuños de situacións reais de agresións sexuais no contexto de ocio nocturno ou festa.
A programación da campaña complétase con toda a información e propostas que podedes consultar na web defronte.gal, onde atoparedes recursos como vídeos ou guías de actividades para traballar conceptos básicos arredor da violencia de xénero con distintos colectivos, así como a posibilidade de descargar a imaxe gráfica da campaña en distintos formatos.