O Concello de Boqueixón informa de que conta con 5 prazas para a Campaña de Neve 2024 da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na estación invernal de Valgrandse-Pajares (Asturias). Poderán participar nela nenos e nenas empadroados en Boqueixón de 11 a 15 anos (inclusive e cumpridos a 31 de decembro de 2023).
Estes cinco rapaces/rapazas gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares, concretamente do 9 ao 12 de febreiro. A cota de inscrición é de 85€, que inclúen estadía e manutención na estación invernal, monitores e clases de esquí, aluguer do material, seguros, desprazamento, remontes mecánicos e a participación nas distintas actividades e cursos programados. No caso de haber máis persoas aspirantes que prazas, farase un sorteo.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición no Concello de Boqueixón entre o 9 de novembro e o 1 de decembro. Deberán presentar:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e nai (ou titor/a).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do carné de identidade do neno/a ou libro de familia
- No caso de que a crianza teña un tratamento ou doenza que deban ser tidos en conta, adxuntarse certificado médico asinado por facultativo/a (de igual modo nos casos de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo).
Cando a praza estea cofirmada, procederase a aboar a cota de inscrición no número de conta da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes). Máis información na web da Deputación ou no 981 080 319.
Adxuntos
- Ficha_de_inscricion_Campana-Neve_2024 (147 kB)
- Autorizacion_medicacion (27 kB)