O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participaron este domingo nunha xornada de voluntariado de reforestación organizada polo Decathlon de Santiago de Compostela no Pico Sacro. No acto tamén colaboraron a Sociedade Cooperativa Ribeirán, a Asociación Medioambiental Amabul e o Concello de Boqueixón.
Ao pe do Pico Sacro plantáronse 26 sobreiras, 12 aciñeiras e 12 bidueiros , un total de 50 árbores facilitadas pola Xunta de Galicia. Tal e como indicou o director xeral, o Goberno galego busca apoiar este tipo de iniciativas, centradas na posta en valor dos montes galegos e en ensinarlle aos máis pequenos a súa importancia.