O Concello de Boqueixón, en colaboración co programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, organiza unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos que terá lugar este venres 20 de outubro, ás 15:30 horas, na Biblioteca do CPI Antonio Orza Couto. A coñecida narradora Raquel Queizás porá sobre o escenario o espectáculo “A maleta da avoa”, un contacontos con obxectos e monicreques sobre historias en torno a unha maleta de viaxe.
A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes no 981 513 115 ou enviando un mail a cultura@boqueixon.com. A actuación servirá para conmemorar o Día Internacional da Biblioteca, que se celebra a finais de outubro.