O Concello de Boqueixón informa que unha empresa do sector da reciclaxe busca Técnico/a Electromecánico/a para traballar en empresa situada na zona de Santiago de Compostela e que realizará as seguintes tarefas:
- Mantemento electromecánico.
- Mecánica correctiva, preventiva e de mantemento, entre outras propias do posto de traballo.
Requisitos:
- Experiencia demostrable en postos similares ao descrito.
- Persoa proactiva, dinámica e con don de xentes.
- Vehículo propio para desprazarse ao posto de traballo.
- Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
- Formación: GM en electromecánica de maquinaria ou similar.
Horario: Xornada completa de 40 horas semanais, entre luns e venres, cos descansos establecidos por lei.
Salario: A concretar.
As persoas interesadas na oferta terán que remitir o CV a santiago@eurofirms.com ou inscribirse directamente picando neste enlace.