Recibirán a principios de outubro unha mensaxe nos seus teléfonos indicándolles hora e día de vacinación, que deberán respectarse
As persoas menores de 80 anos vacinaranse na Cidade da Cultura a partir do 26 de outubro
O centro de saúde de Boqueixón vacinará da gripe e/ou da Covid-19 a todos os veciños e veciñas maiores de 80 anos que poidan desprazárense e non estean inmobilizados na cas. O proceso de vacinación dará comezo o 16 de outubro e cada veciño/a recibirá no seu móbil unha mensaxe indicándolle día e hora de vacinación.
De feito, haberá 3 grandes grupos nesta vacinación:
- Persoas maiores de 80 anos inmobilizadas nas súas casas. Serán vacinadas a partir do 9 de outubro nas súas propias vivendas sen que teñan que avisar a ninguén.
- Persoas maiores de 80 anos que teñen mobilidade. Serán vacinadas a partir do 16 de outubro no Centro de Saúde de Boqueixón, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Cada persoa recibirá unha mensaxe no seu móbil indicándolle o día e hora da vacinación.
- Persoas entre 60 e 80 anos, a partir 26 de outubro serán vacinadas na Cidade da Cultura, en Santiago. Cada persoa recibirá unha mensaxe indicándolle o día e a hora da vacinación.
Aspectos importantes a ter en conta:
- Cada persoa decide se se vacina da gripe, da Covid-19 ou das dúas. É a elección de cada paciente. Non se obriga a ninguén.
- Respectar o día asignado para poñer a vacina. A vacina da Covid precisa estar a unha temperaturas baixas, polo que no Centro de Saúde de Boqueixón e na Cidade da Cultura só haberá as que está previsto poñer ese día, polo que non se poderá atender ás persoas que non foran citadas ese día.
- Non se será tan estrito coa hora de vacinación. Se unha familia ou un grupo da mesma aldea están citados o mesmo día a distintas horas, poden acudir xuntos á mesma hora e serán vacinados. O que non se pode facer é ir xuntas persoas con citas en días diferentes.
E, sobre todo, nas dúas primeiras semanas de outubo estade pendentes das mensaxes do móbil para confirmar o día e hora da vacinación.