Os Concellos de Boqueixón e Vedra, en colaboración co Camiño Xacobeo de Inverno, organizan unha ruta entre o Pico Sacro e a Cidade da Cultura para conmemorar o Día do Camiño. A ruta terá lugar o sábado 7 de outubro e haberá dúas distancias con dous puntos de saída diferentes:
- ás 9:30 horas do Pico Sacro, para percorrer 16,5 km
- ás 11:30 horas da Susana, para percorrer 9,3 km
A inscrición na ruta inclúe visita guiada para coñecer a Cidade da Cultura, degustación de produtos de Boqueixón e Vedra, así como autobús de volta ao punto de partida. As anotacións poden formailizarse chamando ao 981 81 48 91 ou enviando un mail a casadospeons@concellodevedra.gal.