O Concello de Boqueixón ofrece do 14 ao 29 de setembro un servizo de conciliación gratuíto para crianzas de infantil e primaria. Unha iniciativa que se desenvolverá no CPI Antonio Orza Couto de luns a venres, en horario de 15:30 a 17:30 horas.
O Concello de Boqueixón apostou por poñer en marcha este servizo para ofrecerlles ás familias do municipio unha alternativa de conciliación ata a posta en marcha das Tardes educativas e de lecer. Unha iniciativa dirixida a un máximo de 15 nenos e nenas, cuxas familias deberán anotarse previamente correo cultura@boqueixon.com.
Así, do 14 ao 29 de setembro, os nenos e nenas que se apunten ao denominado “Proxecto Henko” participarán nunha serie de actividades lúdicas nas que traballarán valores como a tolerancia ou a sensibilización en materia de igualdade. Unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración co Ministerio de Igualdad e ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Adxuntos
- Henko 23 (4 MB)