O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición nos cursos de inglés 2023/2024, cuxas clases terán lugar no CPIP Antonio Orza Couto, de outubro a xuño.
O curso está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria; así como mozos e mozas a partir de 16 anos (incluídos), grupos A2, B1 e B2. Terán preferencia o alumnado matriculado no curso 2022/2023 e as persoas empadroadas en Boqueixón ou escolarizados nun centro educativo do municipio. As clases terán unha duración de dúas horas por semana, ben repartidas en dous días ou de forma continua. Os grupos estarán compostos por un mínimo de 6 alumnos.
Para anotarse haberá que enviar unha ficha de solicitude, preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica municipal. A documentación deberá ser incluída no apartado “solicitude xeral”. Tamén se pode presentar de xeito presencial por Rexistro (con cita previa no 981 51 30 52). Finalizado o prazo de inscricións, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as. No caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes, segundo rexistro de entrada.
O prezo do curso é de 30€/mes e o Concello de Boqueixón establece descontos do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro (os sucesivos son de balde).
O pago farase con carácter bimestral mediante domiciliación bancaria e non se reintegrará ningún importe sen causa xustificada.
As baixas deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior.
Máis información no teléfono 981 513 115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- ficha inglés (210 kB)