Dirixido a: poboación adulta (a partir dos 16 anos) e infantil (mínimo 2º ciclo de Educación Infantil).
Duración:
- Adultos: comezo 18 de setembro ou 2 de outubro (a elixir) ata xuño de 2024 (salvo festivos).
- As infantís rexeranse polo calendario escolar.
Prazas: mínimo 10 participantes. Se o grupo queda reducido a menos de 8, anularase. Prazas limitadas con preferencia de empadroados en Boqueixón. As prazas cúbrense por orde de rexistro de entrada ata completar grupo. Co resto de solicitudes farase unha lista de reserva que se irá incorporando á actividade na mesma orde.
Inscricións:
- Cubrindo a fichas e presentándoas presencialmente no Rexistro do Concello ou por sede electrónica. FICHA ADULTOS / FICHA INFANTÍS
- O prazo de solicitude remata o 15 de setembro. Unha vez finalizado, poden incorporarse novos participantes no caso de quedar prazas vacantes.
Prezos:
- Adultos: 20 €/mes.
- Ximnasia rítmica: 10 €/mes
- Patinaxe: 25€/cuadrimestre
Pago:
- Trimestral, domiciliación bancaria.
- Non se reintegrará ningún importe sen causa xustificada.
Baixas: Deberán presentarse no rexistro municipal ou por sede electrónica antes do día 20 do mes anterior.
Actividades de balde: as persoas usuarias do ximnasio ou inscritas en actividades deportivas para adultos poderán asistir gratis a Circuíto Saudable Maiores, Cross Funcional, GAP 30 e Circuit Training no ximnasio do Forte.
Adxuntos
- deportes adultos (177 kB)
- deportes Infantis (197 kB)