O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de traballo como Auxiliar de Cociña en Arzúa (A Coruña). A persoa seleccionada realizará as seguintes funcións:
- Tarefas de empratado.
- Preparación de ensaladas, salsas, sobremesas.
- Tarefas de lavalouzas.
- Apoio á cociña.
- Mantemento da orde.
- Limpeza do lugar de traballo.
- Outras propias do posto.
Requisitos:
- Experiencia en postos similares ao descrito.
- Búscase a unha persoa dinámica e proactiva.
- Valorable residencia próxima ao posto de traballo e vehículo propio.
- Valorable formación GM/GS en rama hostalería.
Xornada completa de 40 horas semanais, cos descansos establecidos por lei. Salario, a concretar.
As persoas interesadas terán que remitir o C.V a santiago@eurofirms.com ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace: