A empresa Vista Jardín SL busca peón operario de máquina en Boqueixón. A persoa elixida deberá operar de maneira segura e eficiente as máquinas de cortiza de piñeiro, asegurando a produción continua e a calidade do produto; realizar axustes menores e manter as normas de seguridade; e colaborar co equipo para optimizar procesos e manter a maquinaria en condicións axeitadas.
O posto require conciencia e compromiso coas normas de seguridade no lugar de traballo e dispoñibilidade para traballar en quendas rotativas. Formación a cargo da empresa. Salario segundo convenio.
As persoas interesadas terán que remitir o CV a logistica@vistajardin.com (persoa de contacto Sonu).