O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición dos cursos de inglés para o curso 2023/2024 a partir do 4 de setembro. As clases terán lugar no CPIP Antonio Orza Couto, de outubro de 2023 a xuño de 2024.
O curso está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria; así como mozos e mozas a partir de 16 anos (incluídos), grupos A2, B1 e B2. Terán preferencia o alumnado matriculado no curso 2022/2023 e as persoas que estean empadroados no Concello de Boqueixón ou escolarizados nun centro educativo do concello. As clases terán unha duración de dúas horas por semana, ben repartidas en dous días ou de forma continua nunha mesma xornada, e os grupos estarán compostos por un mínimo de 6 alumnos.
O Concello de Boqueixón abre dende o 4 de setembro o prazo de inscrición, para o que haberá que enviar a ficha de solicitude preferentemente de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón. Para iso, a documentación deberá ser incluída no apartado “solicitude xeral”. Tamén se poderá presentar de xeito presencial por Rexistro (con cita previa no 981513052). Unha vez finalizado o prazo de inscricións publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/a. No caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes, seguindo o rexistro de entrada.
O prezo do curso é de 30€/ mes e o Concello de Boqueixón establece descontos do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro (os sucesivos serán de balde). O pago realizarase con carácter bimestral mediante domiciliación bancaria e non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada. As baixas deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior presencialmente por rexistro ou prefrentemente a través da través da sede electrónica do Concello de Boqueixón .
Máis información no teléfono 981 513 115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- Bases Curso inglés 2023/2024 (179 kB)
- Ficha de solicitude inglés (183 kB)