O Concello de Boqueixón informa da convocatoria do programa Bono Concilia Familia. A Consellería de Política Social e Xuventude vén de publicar as bases para a concesión destas axudas económicas ás familias para facilitarlles a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares. Consulta o bando.
Para poder acceder a estas axudas é preciso:
- que as crianzas teñan doce ou menos anos de idade.
- que ambos pais/nais, persoas titoras ou acolledoras estean traballando efectivamente, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente da crianza como por necesidades en períodos de vacacións escolares.
A contía da axuda será de 500 euros por unidade familiar (no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio) e de 200 euros para cada crianza no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados.
As solicitudes deberán presentarse de forma telemática antes do 15 de setembro a través do formulario autorizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón ou teléfono 981 513 106.
Adxuntos
- nota informativa Bono Concilia (75 kB)