Cun investimento de máis de 70.000 euros mellorouse a calidade de subministro eléctrico en tres localidades da parroquia da Granxa: Ardilleiro Grande, Ardilleiro Pequeno e A Granxa. A actuación consistiu na reforma da rede aérea de baixa tensión desde o centro de transformación de Ardilleiro, que pasa de contar cunha única saída a dispoñer de tres saídas de baixa tensión.
O alcalde, Ovidio Rodeiro, anuncia que “seguiremos traballando para mellorar a calidade do subministro eléctrico naquelas zonas nas que sexa necesario”.
As obras acometidas por Unión Fenosa Distribución supuxeron o cambio de 2.474 metros de cabreado entre o centro de transformación de Ardilleiro e a rede de baixa tensión que dá servizo ás vivendas desta parroquia. Así mesmo, cambiáronse sete postes en mal estado de conservación.