O Concello de Boqueixón fai público o listado de nenos e nenas admitidos nos cursos de natación, que darán comezo o vindeiro xoves 3 de xullo na piscina municipal de O Forte. No listado (co número de rexistro presentado en cada solicitude) inclúense os grupos e horarios correspondentes a cada participante.
O prezo dos cursos de natación infantil estivais é de 15 euros ao mes. Unha vez comprobada a admisión do neno/a deberase abonar a contía mensual na conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Deberase especificar no concepto Natación-Mes+Grupo/Día+nome do/a neno/a.
O resgardo de pago deberase remitir ao Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.com), sendo requisito imprescindible para poder iniciar a actividade. Unha vez efectuado o abono, en caso de querer darse de baixa non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Máis información no Departamento de Deportes, no teléfono 636 731 721 ou no enderezo electrónico deportes@boqueixon.com.