O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de emprego de Eurofirms, que necesita incorporar un/unha xardineiro/a para traballar en Santiago de Compostela. Horario de mañá e tarde. 40 horas semanais, cos descansos por lei. Salario a concretar.
Funcións:
- Coidado do céspede.
- Poda de arbustos e plantas variadas.
- Manexo de todo tipo de ferramentas de xardinería, (rozadora….)
- Coidado en xeral das plantas.
- Entre outras tarefas propias do posto de traballo.
Requisitos:
- Valorable formación en materia de xardinería.
- Valorable formación de aplicación de fitosanitarios.
- Búscase unha persoa dinámica, proactiva e con don de xentes.
- Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
As persoas interesadas terán que remitir o C.V a santiago@eurofirms.com ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace