O Concello de Boquixón fai públicas as comunicacións de realización de cacharelas de San Xoán 2023 solicitadas pola veciñanza en espazos privados (36) e públicos (4). As cacharelas terán que realizarse na noite do 23 ao 24 de xuño, sendo as 3:30 horas da madrugada a hora límite para rematar a celebración.
A maiores, lembramos as medidas de precaución que deberán tomar as persoas promotoras das cacharelas:
- A fogueira gardará as distancias mínimas que establece a lexislación de prevención de incendios forestais a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro.
- Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo pneumáticos, aceites, plásticos, envases de aerosois, etcétera.
- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros
- Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
- A fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción que deberá se asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poda dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
- Será obrigatoria a limpeza dos espazos públicos autorizados ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.
No caso de problemas, chamarase ao 085 ou 112.
Adxuntos
- Resolución Cacharelas 2023 (72 kB)