O Concello de Boqueixón ten previsto abrir a piscina municipal a partir deste venres 23 de xuño, se as condicións meteorolóxicas así o permiten. Así mesmo, do 23 de xuño ao 3 de xullo haberá xornadas de portas abertas para que a veciñanza interesada poida ir retirando os seus bonos.
A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 21:00 horas. Así mesmo, tamén acollerá diferentes actividades polas mañás (Verán Activo, cursos de natación para crianzas) que complementarán a oferta de lecer desta instalación.
O prezo da entrada individual é de 3,71 €. Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6,17 € (para menores ata 16 anos) e de 12,34 euros (para maiores de 16 anos). Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares de 20 entradas: pai e nai (15,43 €), 1º fillo (6,17 €), 2º fillo (3,09 €) e de balde para os seguintes.
A adquisición destes bonos deberase facer previo pago ao Concello de Boqueixón no numero de conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Despois entregarase o recibo ou xustificante de ingreso na piscina municipal, onde se retirará o abono.
Tamén informar que segue aberto o prazo de inscrición nos cursiños de natación ata o día 26 .