O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas dos Concellos de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade, organiza o “Programa Activa. Mocidade Noutro Plan”, unha iniciativa de formación de mediadores xuvenís que terá lugar do 26 ao 30 de xuño, en horario de 11:00 a 13:00 horas, nas instalacións do Forte.
Dirixido a un colectivo xuvenil a partir de 14 anos, consta de dez horas de sesións formativas para a adquisición de ferramentas e recursos cos que traballar a participación activa e fomentar estilos de vida saudables. Entre outras cuestións, a rapazada tratará contidos sobre educación emocional, habilidades sociais, educación en valores e autoestima.
As inscricións están abertas ata o 22 de xuño no 981 513 115.