Publícase o decreto número 336/2023 que contén a listaxe de admitidas/os nas actividades do verán activo 2023. Servizo do Plan Corresponsables que conta con financiación da Xunta de Galicia.
Comezo das actividades o 22 de xuño de 2023.
O pago (con antelación de 10 días ao comezo da actividade) poderá realizarse nun pago único ou fraccionado por mes.
O importe da actividade será ingresado na conta do concello: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666 e o xustificante bancario de aboamento da actividade deberá presentarse por vía telemática , a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou presencialmente no Rexistro xeral do concello.
Dúbidas ou consultas no 981 513 106. CIM de Boqueixón.