O Concello de Boqueixón abre do 12 ao 26 de xuño o prazo de inscrición para os cursos de natación da tempada 2023. As clases terán lugar en horario de mañá, durante os meses de xullo e agosto nas instalacións das piscinas municipais do Forte. Van dirixidos a crianzas de entre 4 e 15 anos. As persoas interesadas en participar nestas actividades deberán formalizar a súa solicitude presentando a ficha de inscrición e presentala por rexistro a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (https://sede.boqueixon.gal/opencms/gl/) ou presencial na Casa do Concello.
Os cursos dividiranse en grupos segundo a idade das crianzas participantes e as clases desenvolveranse en días alternos (luns-mércores e martes-xoves). Os grupos, horarios e número de participantes estableceranse de acordo ao número de participantes en cada un dos grupos de idade., Moi importante especificar na ficha de inscrición o nivel de destreza do/a neno/a (iniciación ou perfeccionamento) para a posterior confección por grupos. O prezo dos cursos de natación infantil estivais é de 15 euros ao mes.
Unha vez publicada na web a listaxe de nenos/as admitidos/as deberase abonar a contía mensual na conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. No concepto, deberase especificar “Natación-Mes+Grupo/Día+nome do/a neno/a”. O resgardo de pago deberase remitir ao Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.com), sendo requisito imprescindible para poder iniciar a actividade. Unha vez efectuado o abono –en caso de querer darse de baixa-, non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Para solicitar más información, no Departamento de Deportes, no 636 731 721 ou en deportes@boqueixon.com.
Adxuntos
- FICHA-INSCRICION-NATACION-2023(5) (176 kB)