O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición do Verán Activo, un programa lúdico-educativo dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que permitirá ás familias do municipio conciliar a súa vida persoal e laboral nas vacacións de verán, ao tempo que oferta unha alternativa de lecer atractiva para crianzas. Unha iniciativa que conta coa financiación do Plan Corresponsables, da Xunta de Galicia.
As actividades terán lugar do 22 de xuño ao 8 de setembro nas instalacións municipais do Forte e do CPIP Antonio Orza Couto. O horario será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, coa posibilidade de ampliación horaria nos meses de xullo e agosto en caso de necesidade (ben adiantando a entrada ás 8:00 horas, atrasando a saída ás 15:00 horas ou ambas as dúas opcións).
O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe 1 de xuño ata o vindeiro 8 de xuño. No caso de existir maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, o Concello ten establecido uns criterios de baremación nas bases da convocatoria.
Prezos e bonificacións
Os prezos serán de 40 euros por semana, 80 euros por quincena e 160 euros por mes. Tamén cabe a posibilidade de matricularse por días soltos (no caso de existir prazas vacantes) por un prezo de 10 euros/día. O Concello de Boqueixón establece unha serie de bonificacións que se poden consultar nas bases da convocatoria.
As solicitudes de inscrición e documentación a presentar realizanse preferentemente pola sede electrónica ou ben presencialmente no Rexistro do Concello de Boqueixón antes do 8 de xuño.
Máis información e consultas: cim@boqueixon.com ou no 981 513 115.
Adxuntos
- Bases da actividade (4 MB)
- ficha veran activo 2023 (253 kB)