A Capela de San Sebastián acollerá este domingo 4 de xuño, ás 19:00 horas, a primiera conferencia do ciclo “Mes e pico”, que organiza o Concello de Boqueixón. Javier Buide del Real disertará sobre “O Pico Sacro nos primeiros escritos xacobeos”.
A asistencia é totalmente de balde, se ben as prazas son limitadas polo que é necesario inscrición previa no Departamento de Turismo: 981 513 061 ou boqueixonturismo@gmail.com.
Sacerdote diocesano de Santiago de Compostela desde 2001, Javier Buide del Real é cura das parroquias de Boqueixón, Codeso e Oural, así como director do Arquivo da Catedral de Santiago, coengo arquiveiro, licenciado en Teoloxía en Santiago e doutor en Historia e Bens Culturais da Igrexa en Roma.