O Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón, como peche das actividades das Escolas Deportivas, propón unha Andaina Saudable para todas as persoas que tomaron arte das escolas ao longo da tempada. A proposta terá lugar o sábado 27 de maio e consistirá nunha ruta de senderismo polos Muíños da Baña, dirixida ás persoas usuarias das Escolas Deportivas, que poderán anotarse no ximnasio municipal (polas tardes) ou nos mesmos grupos das actividades.
O Concello de Boqueixón porá un servizo de autobuses gratuito para o desprazamento ata a ruta dos Muíños, no Concello da Baña. A saída será diante do Ximnasio Municipal, o mesmo sábado 27, ás 10:00 horas. A empresa SAVA Servicios Deportivos, en colaboración con Seixos (clube de sendas enxebres), será a encargada do desenvolvemento da actividade.
Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón, no teléfono 636 731 721 ou no mail: deportes@boqueixon.com.