A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas que concede para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, sesenta e cinco concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que destina 848.269 euros para financiar este programa.
A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os Concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.
No caso de Boqueixón, a achega é de 10.000 euros.