O Concello de Boqueixón informa dunha nova sesión dos “Venres de Consumo Responde”, que terá lugar este venres 21, ás 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo. A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».