O Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia oferta unha reserva específica de prazas gratuítas nos campamentos xuvenís dirixidas, preferentemente, aos fillos e fillas daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen nalgún centro de acollida. As mulleres usuarias vítimas de violencia que estean interesadas en que os seus fillos e fillas participen nos campamentos deben remitir:
REQUISITOS
- A solicitude segundo modelo achegado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
- Copia do DNI da/do menor. De non telo copia do Libro de Familia
- Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado, se é o caso.
- Declaración asinada pola nai/titora de que o/a menor sabe nadar (según modelo)
- Cuestionario de saúde, debidamente cumprimentado.
- Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado.
- Documento acreditativo da situación de violencia de xénero.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de maio do 2023.
Deberán ser as persoas familiares/titoras dos e das menores as que se ocupen dos traslados de ida e volta dos nenos e nenas aos campamentos. Os modelos de solicitude, cuestionario de saúde, declaración de saber nadar a/o menor, listado de campamentos dispoñibles e consultas para informarse poderanse obter chamando ao Centro de Información á Muller de Boqueixón no teléfono 981 513 106.
Adxuntos
- Nota campaña de verán 2023 (59 kB)
- Nota Informativa campamentos (103 kB)