O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de inscrición na “Semana Activa”, un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar durante os días non lectivos da Semana Santa. Unhas actividades que terán lugar nas instalacións municipais do Forte e no CPI Antonio Orza Couto.
O Concello de Boqueixón ofrece 20 prazas e as persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición antes do 30 de marzo entregando a ficha de inscrición adxunta cumplimentada e canda a documentación que nela se indica. A ficha pódese descargar no arquivo anexo ou premendo aquí.
A Semana Activa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. Terá lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo é de 44 euros por toda a actividade, habendo tamén a posibilidade de anotarse en días soltos por 15 euros. A maiores, o Concello de Boqueixón establece bonificacións do 100% do servizo para casos de emerxencia social e unidades familiares con ingresos que non superen o IPREM, así como bonificacións para familias numerosas e matrícula de irmáns/irmás (dispoñibles no arquivo adxunto).
Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513 115 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal.
Adxuntos
- Ficha SEMANA ACTIVA (228 kB)