Os Concellos de Boqueixón, Vedra e Touro organizan a andaina “8M no camiño da igualdade”, que terá lugar o vindeiro domingo 12 de marzo. Unha andaina de 12 quilómetros e totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no formulario: https://forms.gle/M5SDRNMEWnR1CiuT7. Calquera dúbida: 679 306 188.
A andaina sairá do campo da festa de Bendaña ás 9:30 horas para chegar á ponte de Gundián (Vedra), onde terá lugar un picnic para repoñer forzas e de onde sairá o autobús de regreso (ambos os dous incluídos na inscrición). Unha iniciativa que conta co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Goberno de España.